WordCamp Galicia 2025
P.º Xunqueira, S/N, 36005 Pontevedra
About
En 2024 organizamos dúas WordCamps: Pontevedra e Vigo. E decatámonos de que non tiña sentido percorrer o camiño por separado.
Porque o que nos une fortalécenos. e o que divide sepáranos.
Foi así como naceu WordCamp Galicia!
WordCamp Galicia é a primeira WordCamp de Galicia que, como unha boa xuntanza, reúne a todos os grupos locais de WordPress: A Coruña, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo nun evento de tres días.
Unha WordCamp é un lugar de encontro aberto se queres impulsar o teu proxecto, escalar o teu negocio, conectar con novos contactos, inspirarte, refrescar os teus coñecementos, descubrir novas ferramentas, recargar enerxías e comer e beber como fan en Galicia.
E todo, por suposto, co apoio, o sustento e o respaldo da nosa tecnoloxía insignia de código aberto: WordPress.
Se che gusta WordPress, tes un proxecto de formación, unha páxina web, un blog onde compartes coñecementos, traballas en algo relacionado co mundo dixital ou simplemente queres descubrir como é unha WordCamp, non podes perderte esta gran celebración.
Anímate a participar! Esperámoste do 3 ó 5 de outubro na Facultade de Comunicación de Pontevedra.